LugoXa
Lugo reúne 80 especialistas nas 42 Xornadas Galegas de Medicina Física e Rehabilitación
O Pazo de San Marcos acolle desde esta tarde un encontro de dous días no que se abordarán os avances no tratamento da dor crónica, as lesións nerviosas e os problemas de mobilidade, entre outras cuestións
A Deputación prepara coas corais lucenses unha nova edición do programa musical de Nadal
A deputada de Cultura, Iria Castro, mantivo un encontro con representantes das agrupacións para avanzar na organización dunha iniciativa que volverá levar a música ás rúas e aos espazos públicos da cidade durante as festas
A Plataforma Galega Vivenda Xa organiza en Fingoi unha charla para ensinar aos inquilinos a defender os seus dereitos
A plataforma contará este xoves 12 de novembro co avogado especialista en dereitos dos inquilinos Miguel Vieito, nun encontro que comezará ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Fingoi
Organizan obradoiros de prevención de adiccións nos centros educativos e para as familias de Lugo
O programa desenvolverase entre novembro de 2026 e xuño de 2027 e incluirá actividades adaptadas a cada etapa educativa sobre o consumo de substancias, as redes sociais, os videoxogos e as apostas
A folga xeral remata con manifestacións multitudinarias nas principais cidades galegas
Partiron ás 18.00 horas e estiveron convocadas conxuntamente polo Comité de Folga Territorial, a CIG, CCOO, UGT e a Plataforma Galega Vivenda Xa!
A exposición 'No interior do abandono' percorre as aldeas galegas afectadas polo despoboamento
A mostra, que combina fotografías de Carlos Lorenzo e poemas de Baldo Ramos, inaugúrase este xoves na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo e poderá visitarse ata o 29 de decembro
Castroverde ofrecerá este domingo unha degustación gratuíta de produtos locais con demostración culinaria en directo
A actividade, organizada polo GDR Comarca de Lugo, contará coa participación do cociñeiro Álex Iglesias e do apicultor Manuel Pérez Fernández
Centos de persoas secundan en Lugo a folga xeral para reclamar un plan de choque ante a suba do custo da vida
A mobilización, convocada por CIG, UXT, CCOO e CNT, percorreu o centro da cidade desde o edificio multiúsos da Xunta ata Santo Domingo para denunciar a perda de poder adquisitivo e as dificultades de acceso á vivenda
Lugo acolle a TECH CREATIVE JAM, un encontro de innovación tecnolóxica para a mocidade no rural
A iniciativa, no marco do proxecto europeo LIRES, celebrarase os días 14 e 15 de novembro no Albergue Lug 2, con obradoiros de intelixencia artificial, deseño 3D, videoxogos e fabricación dixital
O Camiño Francés en Galicia e a ruta xacobea de Gran Canaria únense cun folleto e un selo común
A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés presentou en Arzúa os primeiros materiais froito do irmandamento entre os once municipios galegos da ruta e os concellos canarios de San Bartolomé, Tejeda e Gáldar
Un mural de Diego AS rende homenaxe a Benedicta Sánchez na fachada da antiga Cámara Agraria do Corgo
A obra chega tres anos despois de que o BNG local presentase unha moción para solicitar esta intervención e súmase á homenaxe realizada á actriz na Semana de Cine de Lugo
O PSdeG de Monterroso denuncia o deterioro do Espazo Cultural Lorenzo Varela e reclama unha intervención urxente
Os socialistas levarán ao pleno unha iniciativa para reparar a cuberta, arranxar os aseos e elaborar un proxecto de rehabilitación que permita acceder a fondos doutras administracións
O Concello de Lugo licita o proxecto para construír tres novas pistas cubertas de petanca en Frigsa
As instalacións terán dimensións regulamentarias e permitirán practicar este deporte durante todo o ano, atendendo ás demandas dos clubs Petanca Lugo e Petanca Muralla
Eventos
Torre de Núñez acolle a presentación dos viños das adegas Sanclodio e Emina
O acto celebrarase o luns 16 de novembro, ás 18:00 horas, no hotel lucense e contará coa participación de Martín Alemparte, director da AGACAL, e Carlos Moro, presidente de Bodegas Familiares Matarromera
Castro de Rei acollerá unha nova edición dos Cantos de Taberna no Teleclub de Bazar
A cita reunirá catro formacións musicais que serán as encargadas de poñer a música e o ambiente tradicional á noite
Al Di Meola ofrecerá en Lugo o seu único concerto en Galicia o vindeiro 1 de decembro
O guitarrista estadounidense actuará no Auditorio Fuxan os Ventos dentro da programación de O Gozo Festival, acompañado por Peo Alfonsi e Sergio Martínez
O conxunto prebenxamín de Star Dance proclámase campión galego e prepara a súa participación no nacional
As cinco ximnastas lucenses serán as únicas representantes galegas desta categoría no Campionato de España Base de Conxuntos, que se celebrará en Cartagena do 19 ao 22 de novembro
As Xornadas Penitenciarias Lucenses pecharon coa reflexión sobre os dereitos das persoas con discapacidade
A Deputación de Lugo participou na clausura deste encontro, organizado pola Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, que reuniu na sede da UNED a profesionais dos ámbitos xudicial, académico e social
O cemiterio de San Froilán recupera as visitas teatralizadas con catro personaxes da memoria popular lucense
A actividade, a cargo do grupo Achádego, celebrarase o domingo 15 de novembro ás 17:30 horas e será gratuíta, cun aforo máximo de 50 persoas
Palas de Rei celebrará o 21 de novembro a VIII Andaina contra a Violencia de Xénero ata o Castelo de Pambre
A marcha partirá ás 11:00 horas da Casa do Concello e percorrerá oito quilómetros pasando polas parroquias do Carballal, Curbián, A Ulloa e Sambreixo. A participación é gratuíta, pero require inscrición previa










